Vidas e historias LGBT da Idade Media / Carlos Callón.
Vigo : Edicións Xerais, 2025 [01-16].
Serie: Xerais Universitaria
304 p.
/ GL / Libros / ENS / Edad Media / Galicia / LGTBI / Memoria histórica
📘 Ed. impresa: ISBN 9788411106085 / 19.50 €
📝 Cita APA-7: Callón, Carlos (2025). Vidas e historias LGBT da Idade Media. Xerais.
A evolución da diversidade LGBT ao longo da Idade Media, centrándose sobre todo en documentación galega e portuguesa.
Neste libro analízase a evolución da diversidade LGBT ao longo da Idade Media, centrándose sobre todo en documentación galega e portuguesa, que ofrece información crucial nunha dimensión europea. Abórdanse nas súas páxinas diferentes relatos e retratos que quebran o que podiamos pensar sobre esa etapa: o matrimonio máis antigo entre homes de que conservamos documento na Península (entre Pedro Díaz e Munio Vandílaz, en 1061); o «amor» entre Sancha Pérez e Maria Leve na Compostela do século XIII; a existencia dun santoral LGBT arraigado na Galiza medieval (con figuras como Paio e Adaúlfo, e tamén co «santo atrevimento» trans de Esmerado ou Uxío); varios casos de modificacións de manuscritos para que non se vise neles textos gays ou lésbicos (por exemplo, unha cantiga de amiga entre dúas mulleres); o momento en que o cristianismo empurra un novo pecado sexual, inexistente nos seus mil primeiros anos de historia; o uso da homofobia como arma política por parte de Afonso o Sabio contra o casal que formaban o adiantado maior do reino de Galiza e o adiantado maior do reino de León... Estas, e moitas máis, son vidas e historias que aínda hoxe nos apelan, que aínda hoxe nos explican.
😏 Carlos Callón (Ribeira, 1978). Profesor no instituto San Clemente de Santiago de Compostela, doutor en Estudos Lingüísticos e Literarios do Galego e do Portugués e presidente de honra da Mesa pola Normalización Lingüística. Recibiu, entre outros, os premios Vicente Risco de Ensaio e o da Crítica de Investigación. No ámbito lingüístico destacan os seus títulos «Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez» (Xerais, 2012) e «O libro negro da lingua galega» (Xerais, 2022). O seu último poemario é «A abertura da boca» (2021). Na investigación LGBT, diplomouse cun traballo sobre o heterosexismo no campo literario (2003) e doutorouse cun estudo sobre as homosexualidades no trobadorismo (2017). Publicou a primeira antoloxía literaria LGBT galega, «Da sátira ao orgullo» (2003) e os ensaios «Amigos e sodomitas» (2012) e «Vidas e historias LGBT na Idade Media» (Xerais, 2025). Tamén en 2025 publicou «Maxicamente vella, eternamente nova. A literatura tradicional galega» (Xerais, 2025). Promoveu roteiros, cursos e o documentario «Maridos e sodomitas. Os casamentos de home no reino da Galiza medieval» (2024). É membro da Comisión sobre Identidades e Disidencias Sexuais do Consello da Cultura Galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.