jueves, 12 de mayo de 2022

#libros #disidenciasexual | A defunción dos sexos : disidentes sexuais na Galiza contemporánea

A defunción dos sexos : disidentes sexuais na Galiza contemporánea / Daniela Ferrández Pérez.

Edicións Xerais, 2022 [05-12].
216 p.

/ GL / Libros / ENS / Disidencia sexual / Galicia / LGTBI / Memoria histórica / Queer / Testimonios / Trans
📘 Ed. impresa: ISBN 9788411101202 / 18,50 €
Cita APA-7: Ferrández Pérez, Daniela (2022). A defunción dos sexos : disidentes sexuais na Galiza contemporánea. Xerais.

[.gl] ‘A defunción dos sexos: disidentes sexuais na Galiza’ contemporánea é un libro divulgativo que recompila historias e memorias de persoas que viviron alén da norma sexual na Galiza dos últimos cento cincuenta anos. A través de fontes de arquivo e xornalísticas reflexiónase sobre algúns dos itinerarios que estas persoas tiveron que percorrer e o seu enfrontamento co xugo dunha sexualidade obrigatoria que as condenaba ás marxes e ao ostracismo. Este libro parte coa conciencia de que a saída dese caixón agochado no que a historia depositou as disidentes sexuais é un paso imprescindible á hora de articular unha memoria LGBT na Galiza de hoxe. Para isto, o desenvolvemento do traballo non se centra nun relato exhaustivo sobre a disidencia sexual e de xénero en cada unha das épocas investigadas, senón que estas se configuran como pequenas xanelas das que se extraen historias e memorias de persoas diversas. Persoas perseguidas, aceptadas, toleradas ou reprimidas. Vidas, a fin de contas, necesarias para unha reflexión actual e colectiva sobre o pasado, o presente e o futuro das disidentes sexuais que poboamos hoxe o país galego.

Nada no País Valencià, Daniela Ferrández Pérez (Almoradí, 1988) é galega de adopción dende o ano 2011. Doutora en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela (2020), investigou sobre cuestións como a violencia política do franquismo, o clientelismo político, e o feminismo e os partidos políticos na Transición. Paralelamente, implicouse, xunto coa súa familia, no activismo pola memoria histórica na procura dos restos do seu bisavó, fusilado polo franquismo en Alacant en 1941. Como muller trans, leva varios anos involucrada no activismo LGBT do país, principalmente a través da asociación Amizando. Na actualidade é investigadora posdoutoral adscrita ao grupo Histagra USC.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.