Mostrando entradas con la etiqueta H-DiarioPontevedra. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta H-DiarioPontevedra. Mostrar todas las entradas

sábado, 8 de febrero de 2020

#hemeroteca #acosoescolar #prejuicios | "Que ningún niño se sienta mal porque le gustan las muñecas"

Imagen: Diario de Pontevedra / Ethan y su colección de muñecas Monster High
"Que ningún niño se sienta mal porque le gustan las muñecas".
Este pontevedrés tiene una colección de más de mil Monster High, todas en una habitación, a las que viste y peina.
Sara Vila | Diario de Pontevedra, 2020-02-08
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/ningun-nino-sienta-mal-porque-gustan-munecas/202002081214261072517.html

Ethan L. Carballo atesora en una de las habitaciones de su casa más de mil muñecas Monster High. Es un apasionado desde los siete años, cuando vio la primera por la calle y se quedó prendido. Pero su afición le ha costado juicios y episodios de todo tipo, el peor de todos fue el acoso escolar. "Yo quiero que esto se vea para que ningún niño se sienta mal porque le gustan las muñecas o por cualquier otro gusto que tenga", avanza.

Desde que vió la primera Monster High de su vida en manos de una niña hasta que convenció a su madre para que le comprase una pasó sobre un mes. "Eran muy caras", puntualiza su madre entre risas. Pero una vez tuvo la primera, no pudo parar. "Me gustan porque tienen un estilo gótico y son diferentes a las demás", explica Carballo, que asegura guardar un cariño especial a la primera muñeca que tuvo.

Después de esa, vinieron más. Primero, en los aniversarios, luego consiguió ir adquiriendo una cada mes. "Al final acabé recibiendo tres o cuatro muñecas en cada cumpleaños", cuenta.

Del mismo modo, en la actualidad tiene más de mil muñecas Monster High. Las guarda en una habitación solo para ellas y él mismo se encarga de hacer nuevos trajes y peinados. "Desde el principio les hacía ropa con calcetines viejos, ahora hago cosas más elaboradas, casi siempre a mano porque son prendas muy pequeñitas y es difícil usar máquina de coser, y les injerto pelo", señala el joven de 17 años.

Su afición puede sonar extraña en una ciudad como Pontevedra, pero existen más fanáticos de las Monster High en urbes más grandes como Madrid. Entre su colección cuenta también con alguna joya, como muñecas de ediciones limitadas, "que están más detalladas y de las que se lanzan pocas". Sin embargo, si a Ethan le piden que elija una de entre todas, asegura que es demasiado difícil.

Su círculo de amigos del IES Torrente Ballester acepta su afición y siente curiosidad por ella. Sin embargo, Ethan tiene detrás, en su anterior centro, una historia de acoso escolar que no quiere pasar por alto. Porque a los niños siguen acosándolos si les gustan las muñecas. "A mí lo más suave que me llamaban era gordo maricón", apunta a la vez que agradece la acogida de David Castro, exdirector del Torrente Ballester, en el centro. Para denunciar prejuicios y vencerlos muestra hoy Ethan su valiosa colección de muñecas en este periódico.

domingo, 2 de febrero de 2020

#hemeroteca #trans | Laura Bugalho: "A unha nena trans diríalle que loite por ela, polas que veñan, e pola felicidade"

Imagen: Diario de Pontevedra / Laura Bugalho (i)
Laura Bugalho: "A unha nena trans diríalle que loite por ela, polas que veñan, e pola felicidade".
Pinto e Maragota celebra un novo congreso arredor da diversidade sexual nas aulas. Activistas como Laura Bugalho, avogadas, médicas e educadoras participaron no encontró.
Sara Vila | Diario de Pontevedra, 2020-02-02
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/nena-trans-dirialle-loite-ela-polas-venan-pola-felicidade/202002021229151071596.html

O dereito a unha vida feliz. Nin máis nin menos. Nesa petición poderían resumirse as reclamacións e demandas que se expuxeron este sábado no segundo congreso sobre diversidade sexual nas aulas, organizado por Pinto e Maragota e titulado ‘A diversidade sexual e de xénero nas aulas. Materia pendente?’. "A unha nena trans diríalle que loite por ela, polas que virán e, sobre todo, pola felicidade. Nesta vida, que é moi curta, temos que ser felices". Así reivindica Laura Bugalho, histórica do activismo trans en Galicia que este sábado participou nunha mesa redonda do citado congreso xunto a representantes de diferentes xeracións de persoas trans, o dereito a ser en liberdade, seguridade e tranquilidade.

"É importante que se celebren estes congresos pola visibilización. A visibilidade dá unha certa tranquilidade. Ou alomenos debería dala, aínda que os tempos que corren indican que hai que estar alerta polas fobias", sinala Bugalho, que recorda tamén a importancia de que as institucións recoñezan o labor de persoas e movementos que contribúen a ter unha sociedade diferente, mellor, "viva e feliz". Ademais, advirte do risco de perder dereitos e critica as pretensións de certos sectores sociais de "recuar".

Porén, si recoñece que duns anos a esta parte se ten camiñado moito na boa dirección. "O que ocorre agora coas crianzas trans era unha utopía para as que temos máis anos", recorda.

Sobre as esixencias e peticións que máis urxen para o colectivo trans, explica que só quere "que nos deixen tranquilas". "Non contaxiamos, ideoloxicamente representamos todo o que hai na sociedade e só buscamos vivir as nosas vidas coa maior felicidade posible", indica. Deste xeito, sinala sectores sociais que, malia os avances, continúan a dificultar o día a día das persoas trans. Refírese directamente ao ámbito médico e educativo. "Isto é algo que me produce moita dor. A clase médica aínda é hostil e o tratamento nas aulas depende moito das capacidades, aptitudes e actitudes da docencia", explica.

Por outra parte, Bugalho reivindica o papel das mulleres trans dentro do movemento feminista. "O xénero é un construtor social, educativo, incluso relixioso. Creo que o temos que deconstruír. As trans somos capaces de deturpalo, quitarlle toda a valía, rompendo o binomio home-muller, creamos novos suxeitos dentro do feminismo e loitamos contra o xénero en canto a roles. A ver se iso queda claro. Nós non estamos a reproducir os roles, en todo caso xogamos con eles e quitámoslles toda a valía como axiomas", sentencia.

Ademais da presenza de Bugalho, que compartiu mesa con Marcos Ceive e Rihanna Currás, na cita de este sábado participaron a concelleira de Igualdade, Paloma Castro, cunha ponencia titulada ‘Deixar de mirar cara a outro lado’ e na que presentou os resultados da enquisa sobre LGTBIfobia realizada nos centros de Ensino Secundario e FP da cidade. A continuación interviron a pediatra Inés del Río e a activista LGTBIQA+ e licenciada en Dereito Ada Otero, que abordaron a vertente ética da diversidade de xénero na infancia e a adolescencia e os aspectos máis relevantes no eido legal, respectivamente.

Neste sentido, Otero explicou algunas das deficiencias da lei, así como do protocolo de actuación con menores trans en centros educativos, que, segundo un estudo levado a cabo polo Concello de Pontevedra, non se activa na meirande parte dos casos da cidade. "Ese protocolo prioriza os desexos dos pais sobre os dos fillos e sinala que o profesorado ten que comunicar aos pais calquera expresión de xénero fóra da heteronormatividade, o que supón a creación dunha especie de policía do xénero", apunta a avogada.

Neste sentido, Otero explica que os protocolos deben servir como ferramentas cando se producen estes casos, pero que o fundamental é a formación do profesorado.

Na cita deste sábado houbo tamén unha mesa redonda sobre casos de éxito no tratamento da diversidade sexual nas aulas cos exemplos de varios centros e unha proxección do documental ‘Noite irisada’. O broche final púxoo o músico e activista trans Viruta, coa charla concerto ‘Normal é un programa da lavadora’.

Brais Fernández, mozo trans: "A dirección do instituto negábase a cambiar o meu nome das listas"

«Puf...!". É a resposta de Brais Fernández, de 17 anos, cando lle preguntan polo papel do seu centro educativo durante o seu proceso de transición. "Non quixeron dar charlas informativas sobre o colectivo trans, e iso que ata eu mesmo me ofrecín a dalas, e a dirección negábase a cambiar o meu nome das listas de alumnado", conta o mozo. Así, Brais aparecía nas listas do centro co seu nome anterior. Estivo nesta situación entre os meses de setembro, a principios de curso, e abril, cando lle entregaron o seu novo DNI.

Brais relata unha serie de episodios que fan máis difícil que un mozo ou moza trans saia do armario e inicie a transición social para que as amizades, a familia e o resto de persoas do seu entorno acepten a súa identidade. "No meu caso, non foi tan preocupante a actitude dos meus compañeiros, xa que a maioría deles aceptárono ben, senón do profesorado, que en moitas ocasións ten comportamentos moito peores, aínda que poida sorprender", explica o mozo.

Brais saíu do armario hai case dous anos. A transición ante a súa familia foi fácil, porque amosou o seu apoio dende o principio. Non pode dicir o mesmo dos seus profesores e, cando recorda o cambio, defíneo como unha etapa "bélica" no centro. "Eu tiña uns pais que estaban ao meu lado, pero estou seguro de que se non o fixesen, no instituto tampouco tería atopado apoio", explica.

Denuncia tamén a falta de clases de educación sexual nos centros educativos e que sempre estean enfocadas nas enfermidades de transmisión sexual ou na colocación do preservativo, pero que obvian cuestións como a diversidade sexual ou a afectividade. "Son charlas que van dirixidas a persoas cis hetero, e hai moita xente que non o somos, polo que temos que buscar a información noutros lugares", apunta. Así, critica que os centros só ofrezan estes contidos cando hai unha persoa trans nas aulas e non antes, o que ofrecería referentes e información a quen vive no ‘armario’.

Por outra parte, lamenta tamén que haxa certos partidos políticos que queren controlar os contidos nos centros educativos. "É ilóxico pedir que se poña un pin parental para non adoutrinar aos nenos e nenas, cando en realidade iso supón ocultar información aos menores para que eles formen as súas opinións", conta Fernández.

lunes, 24 de junio de 2019

#hemeroteca #lgtbi #orgullo | Nosolojavi: "Identifícome como maricón como etiqueta política"

Imagen: Diario de Pontevedra / Nosolojavi
"Identifícome como maricón como etiqueta política".
Javi Sánchez 'Nosolojavi' é o voceiro de Marikas por la fiesta. O comité organiza a festa final do Orgullo LGBTI en Pontevedra. Será o 28 de xuño no pub La Pomada.
Sara Vila | Diario de Pontevedra, 2019-06-24
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/identificome-maricon-etiqueta-politica/201906231935341040993.html

Avante LGBTI organiza este ano as actividades con motivo do Orgullo en Pontevedra e, para a parte festiva conta coa colaboración do Comité Marikas por la Fiesta, un grupo de acción con menos dun ano que busca crear espazos de lecer onde expresar libremente identidades que non encaixan na norma.

O comité xurdiu cunha festa no Entroido, o Queernaval, e seguiu coa celebración da Queeresma, en plena Semana Santa. Ninguén se ofendeu?
Transgredir no Entroido non é para tanto, ata miña nai o entendeu. A Queeresma foi máis transgresora. Recibimos un par de ‘respostas’, pero iso tamén é unha motivación, porque significa que estamos saíndo dos nosos espazos habituais. Na Queeresma viu xente máis maior e un público máis amplo que no Queernaval, no que era máis ambiente universitario. Nós queremos ir máis alá da universidade e crear un espazo de expresión libre das identidades disidentes. Canta máis xente de diferentes ámbitos veña, mellor.

Como vai ser o Pontequeer?
Imos facer unha entrega de premios Miss Pontequeer coroando a persoas que se presenten e se disfracen dos estereotipos dos que nos queremos rir. Podes vir de plumas, de camioneira, de drag queen... Tamén vai haber actuacións drag. Queremos un espazo en Pontevedra para a cultura drag con xente local, para dar voz á xente de aquí e promocionar as expresións propias porque, se non, parece que só hai orgullo e comunidade LGBTI en Madrid, Londres ou Nova York. Nas cidades pequenas hai poboación LGBTI, e precisa espazos.

É a festa unha ferramenta para reivindicar dereitos?
Nós preferimos falar de eventos cun eixo temático. Empregamos lemas en cada un deles, como ‘Empodérate e libérate’. Pode que non sexa unha forma de loita explícita, pero si un xeito de artellar grupos. Crear espazos alternativos xa é un cambio, porque reúnes a persoas que doutro xeito non se terían xuntado. O importante é crear comunidade. Esta semana, por exemplo, propuxemos a través das redes sociais que a xente nos contase que prexuízos ou tópicos seguían escoitando. Esa é tamén unha forma de crear unha plataforma de expresión para compartir experiencias.

Que prexuízos perviven?
Por un lado, está o prexuízo da pluma, que establece que a feminidade é algo negativo. Iso xa non é plumofobia, senón directamente misoxinia. Está o estereotipo da ‘bollera’ ou a camioneira. Eses tópicos baséanse nos roles de xénero establecidos, que din que se tes unha determinada condición biolóxica tes que desempeñar un ou outro rol, o que é unha delimitación da liberdade da persoa. Hai circunstancias moito máis graves que lles acontecen ás persoas trans, que son tratadas como enfermas (aínda que ocorre ás veces tamén no caso dos homosexuais). Ademais o colectivo trans enfróntase a unha esperanza de vida menor que o resto da poboación e a unhas perspectivas laborais nefastas. Das persoas bisexuais segue a dicirse que están confundidas e que xa se ubicarán. Todo isto podería resumirse en que se nega a realidade das persoas. Hai unha serie de persoas cuxas circunstancias son diferentes ás da heteronormatividade, e iso négasenos. Nós queremos xogar cos tópicos, rirnos deles para liberarnos.

E tamén coa linguaxe, vostedes mesmos chámanse maricas.
Entre nós, o da linguaxe está asimilado. Dicir marica é como dicir colega. Apropiarse da linguaxe é tamén eliminar a carga negativa que poida ter. A palabra maricón, que adoita ser un insulto, se se convirte nunha simple apreciación, cambia o seu significado.

Non é o mesmo que un home se reivindique como maricón a que outra persoa llo chame.
Eu identifícome como maricón como etiqueta política, é o meu posicionamento. Esa palabra, para min, ten que ser desestigmatizada. Ademais, ten unha sonoridade moito máis bonita e poética que o anglicismo gay. Temos que reapropiarnos das palabras. A resignificación e un síntoma da superación dos prexuízos. Aínda que entendo que fóra da comunidade pode resultar agresivo que alguén te chame maricón, porque non coñeces o contexto e o significado que esa persoa lle dá á palabra.

Que reivindican este ano?
Cúmprense 50 anos das protestas de Stonewall e, a nivel mundial, iso está marcando as axendas. Ademais, fálase do dereito vivir e a expresarse das persoas trans. Iso pasa pola despatoloxización.

Están preocupados polo auxe da extrema dereita?
Si, porque empeora a calidade democrática. Non quita dereitos só ao colectivo LGBTI, tamén ás mulleres ou ás persoas con menos recursos. Non nos preocupan os partidos concretos, senón as persoas que os apoian, que poden ser os nosos veciños ou familiares. Iso fai o noso día a día inseguro.