Imagen: O blogue do Carlos Callón |
D. Mandiá | El País, 2011-06-29
En 1061, en el que hoy es el muncipio ourensano de Rairiz de Veiga, Pedro Díaz y Muño Vandilaz institucionalizaron su convivencia y las normas que debían regirla con una retórica y unas consecuencias legales muy parecidas a las de un matrimonio heterosexual. En 1901, Marcela Gracia y Elisa Sánchez protagonizan la primera unión lésbica de la que se tiene constancia en Galicia. Entre una y otra ceremonia transcurren 10 siglos en los que la homosexualidad pasa de ser una práctica aceptada en los primeros mil años del cristianismo-y tolerada por el clero en la Alta Edad Media- a motivo de burla, encarcelamiento, castración o muerte. El paso de la aceptación a la homofobia ocupa el último libro de Carlos Callón (Ribeira 1978), Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media (Sotelo Blanco), un ensayo merecedor del Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais 2011 que convocan los Ayuntamientos de Allariz y Castro Caldelas.
A lo largo de 14 capítulos, encabezados por un texto medieval alusivo a la homosexualidad, Callón aborda cuestiones como la configuración del pecado de la sodomía, las censuras y metáforas con las que se cubre esta práctica cuando el poder civil la condena o el uso que se hace de ella para acusar, con fundamento o sin él, al enemigo político.
La obra también refleja, gracias al estudio de las cantigas medievales, especialmente las de escarnio, hasta qué punto la lírica era capaz de retratar los comportamientos sexuales de la época. La cantiga que abre el primer capítulo del libro, de Afonso Eanes do Cotón, apela a María Mateu, de la que se dice que le gustan las mujeres tanto como a la voz poética, masculina. Es una excepción, señala el autor, porque la mayoría de las cantigas reproducen el esquema de fidelidad del amado a la dama, del hombre a la mujer, que mandaba el amor cortés.
Fuente
Carlos Callón estudia en un libro la presencia de la homosexualidad en la Edad Media
D. Mandiá | El País, 2011-06-29
Amigos e sodomitas na Idade Media galega
Francisco Martínez Bouzas | Novenoites, 2011-06-26
“A identidade homosexual, por exemplo, é un accidente sistemático producido pola maquinaria heterosexual e estigmatizado como antinatural, anormal e infame en beneficio da estabilidade das prácticas de produción do natural. Esta maquinaria sexo-prostética é relativamente recente e, de feito, contemporánea á invención da máquina capitalista e de produción industrial do obxecto. Por primeira vez en 1868, as institucións médico-legais identificarán este accidente ‘contranatural’ como estruturalmente ameazante para a estabilidade do sistema de produción dos sexos opoñendo a perversión (que nese intre inclúe todas as formas non-reprodutivas da sexualidade, desde o fetichismo ao lesbianismo pasando por o sexo oral) á normalidade heterosexual”. Este texto forma parte dun libro, reeditado recentemente en España, no que Beatriz Preciado, partidaria dun transxénero pansexual, defende no ronsel das interpretacións simplificadoras de Michel Foucault, que ata 1868 non se falou de heterosexuais e homosexuais, termos formulados por Kertbeny. Antes desa data, había prácticas sexuais varias. A sexualidade, xa que logo, é unha elaboración histórica e social, non algo natural e inmutable.
O libro que comento, este estudo e ensaio, saído recentemente dos prelos de Sotelo Blanco Edicións e gañador do Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais 2011, contradí non o carácter contrutivista da sexualidade, senón a datación de Foucault e a dos lectores do pensador francés, que malinterpretan que a homosexualidade (desexos, prácticas ou relacións sexoafectivas entre homes ou entre mulleres) é un fenómeno contemporáneo. E Carlos Callón, seguindo o consello de Sherlock Holmes, non teoriza antes de ter os datos. Os seus están iluminados por textos de natureza literaria, historiográfica ou xurídica e demostran que a categoría homosexualidade non se construíu no século XIX, senón que cómpre retrotraela á Idade Media, e que mesmo no século XI (ano 1061), tivo lugar un emparellamento institucionalizado solemnemente e con efectos xurídicos entre dous homes. Unha unión perfectamente rexistrada por documentos, como o que o autor reproduce, do Tombo de Celanova, no que dous homes estipulan mediante escritura pública e mostran a súa disposición a partillaren enteiramente as súas vidas, cun fondo de afecto, adxectivable ao termo homosexual, na terminoloxía de hoxe.
Carlos Callón tira proveito para a súa análise con vocación ensaística, sobre todo do corpus cancioneiril profano galego-portugués mediaval (século XII a mediados do XIV), non só moi expresivo no aspecto literario, senón tamén moi produtivo desde unha óptica histórica e antropolóxica, algúns de cuxos textos obrigan a revisar conclusións como ás que chegaron investigadores da importancia de Foucault ou John Boswell.
O estudo de Carlos Callón forma parte, sen pretendelo o autor, desa historia de amor, de amizade e de intimidade entre mulleres e entre homes
Achega de lectura agradable e sobre todo moi importante este estudo ensaio de Carlos Callón para reescribir unha historia da sexualidade sen as distorsións anacrónicas de moitas das investigacións precedentes e mesmo para documentar unha tradición previa, xa na Idade Media, do matrimonio entre homes e entre mulleres, desposuído de calquera connotación de pecado público.
Fuente
Amigos e sodomitas na Idade Media galega
Francisco Martínez Bouzas | Novenoites, 2011-06-26
Imagen: La Voz de Galicia |
M.X. | La Voz de Galicia, 2011-07-02
Saltou á palestra hai xa quince anos, pola súa vinculación coa Mesa Pola Normalización Lingüística. Primeiro, como responsable barbancés desta asociación e, desde o 2002, como presidente. A defensa do idioma foi sempre o selo de identidade de Carlos Callón e así se reflectiu nas súas publicacións. Pero agora ven de rachar con esa tendencia, sacando á luz Amigos e sodomitas, unha investigación sobre a configuración da homosexualidade na Idade Media. Un libro que fixo a este ribeirense valedor do premio Vicente Risco de ciencias sociais.
Precisamente, á hora de elixir un
recuncho, Carlos decántase por una escenario vinculado a esta obra, a
igrexa de San Paio de Carreira: «Un dos capítulos do libro está
precisamente dedicado á historia deste santo, que foi asasinado no
século X por non querer deitarse cun califa de Córdoba. É moi
interesante porque a súa historia permite ver a evolución do concepto de
sodomitas».
Aínda que o libro ven de
publicarse, Callón xa levaba anos traballando no tema: «Comecei estando
na universidade, animado polos mestres, que se sorprendían dos
resultados da investigación e logo polos propios descubrimentos que ía
facendo. Atopei por exemplo unha cantiga amatoria entre dous homes da
lírica medieval galega».
O ribeirense recoñece que ver como a
historia da homosexualidade e de Galicia fora falsificada foi o que o
impulsou a seguir adiante no seu complexo traballo: «Chama a atención
que na prédica de Cristo non hai unha crítica á homosexualidade e, como
pecado, non existe nos mil primeiros anos de cristianismo».
Posición da igrexa
Neste sentido, Carlos Callón vai
máis alá e lanza unha pregunta: «¿Como chegamos ao punto de que a igrexa
se preocupe máis porque dous homes ou dúas mulleres se deiten xuntos
que porque os bancos practiquen a usura? Hai mil anos non era así». El
mesmo apunta como resposta á instauración dos estados absolutistas: «A
sodomía empregábase, cando non había outros argumentos, como arma de
deslixitimación».
Aínda que o éxito de Amigos e
sodomitas está a ser case abafador, e o propio Carlos asegura que o
tería publicado hai varios anos se non fose polo tempo que lle resta a
presidencia da Mesa, o autor ribeirense volverá ás súas orixes na
próxima publicación. Trátase dun libro de sociolingüística que verá a
luz a finais deste mesmo mes baixo o título Como defender os teus
dereitos lingüísticos. É unha especie de manual de autoaxuda sobre como
pode vivirse o día a día en galego para tratar así de escribir o futuro
do idioma.
Seguir escribindo e regresar ao
ensino, a súa vocación, son os proxectos futuros deste ribeirense que
asegura ter claro que a súa corta etapa como concelleiro é auga pasada:
«Non teño pensado volver á política institucional».
Fuente
Carlos Callón: «Na prédica de Cristo non hai unha crítica á homosexualidade»M.X. | La Voz de Galicia, 2011-07-02
Documentación
Identidades sexuais medievais
Armando Requeixo | Criticalia, 2011-07-06[Publicado nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños, 3-7-2011]
Entrevista a Carlos Callón | 'En los mil primeros años del Cristianismo no hay pecado de sodomía'
Carlos Callón analiza en un ensayo el origen de los prejuicios homófobos. Señala que la intolerancia comenzó entre los siglos XI y XIV. Fue el poder civil el primero en condenar la homosexualidad. La literatura medieval gallego-portuguesa aporta nuevas pistas.
Montse Dopico | El Mundo, 2011-07-04
Carlos Callón: «Na prédica de Cristo non hai unha crítica á homosexualidade»
M.X. | La Voz de Galicia, 2011-07-02
Carlos Callón «A partir do século XI ser homosexual é pecado central»
M. Beceiro | La Voz de Galicia, 2011-06-29
Asociaciones celebrarán los 950 años del primer matrimonio homosexual gallego
El matrimonio entre Pedro Díaz y Muño Vandilaz está registrado oficialmente en Celanova.
EFE | La Voz de Galicia, 2011-04-11
Matrimonio gay documentado en el año 1061
Oscar De Madrid | AG Magazine, 2011-02-28
El primer matrimonio homosexual de Galicia se ofició en 1061 en Rairiz de Veiga
Es uno de los documentos de "A Configuración da Homosexualidade na Idade Media", obra con la que Carlos Callón acaba de ganar el XVI Premio Vicente Risco de Ciencias Socias
M.J.A. | Faro de Vigo, 2011-02-27
Enlaces
Amigos e sodomitas : a configuración da homosexualidade na Idade Media / Carlos Callón
Santiago de Compostela : Sotelo Blanco Edicións, 2011
181 p.
Serie: Estudos e Investigación
ISBN 9788478246144
IGLU | Amigos e sodomitas : a configuración da homosexualidade na Idade Media
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.