Santiago de Compostela : Sotelo Blanco Edicións, 2011
181 p.
Serie: Estudos e Investigación
ISBN 9788478246144 [2011-06] / 15 €
Premio Vicente Risco de Ensaio 2011
/ GL / ENS
/ Edad Media / Galicia / Historia / Homosexualidad
Botando man dunha ampla documentación medieval (sobre todo galega),
en "Amigos e sodomitas" explícase como entre os séculos XI e XIV se
configurou o pecado-delito de sodomía, inexistente nos mil primeiros
anos de historia do cristianismo.
Para analizar esta evolución da tolerancia á intolerancia, amósase a institucionalización documental máis antiga da unión entre dous homes na Península Ibérica, que se produce en Galiza no século XI (Pedro Díaz e Muño Vandilaz, 16 de abril de 1061), analízase a homofobia como arma política contra a nobreza galega que se enfronta a Afonso X e repásase a evolución dalgunhas historias moi divulgadas na Galiza medieval, como o martirio do santo galego Paio.
Obsérvanse tamén desde outro prisma moitos textos do trobadorismo galego-portugués: unha enigmática cantiga amatoria entre dous homes, a sátira contra o lesbianismo en que se fala do amor de dúas prostitutas compostelás ou os indicios dunha identidade grupal homosexual análoga á estabelecida por Michel Foucault para o século XIX.
Esta investigación ten a súa primeira presentación en Barcelona, despois de ser recoñecida por unanimidade co premio Vicente Risco de Ensaio 2011. Esta mesma semana chega ás librarías galegas, cando faltan xa poucos días para a celebración internacional do Día do Orgullo Gai, Lésbico, Bisexual e Transexual. Carlos Callón é profesor de lingua e literatura galega en Secundaria, investigador sobre literatura sociolingüística, e activista cultural. Preside actualmente A Mesa pola Normalización Lingüística e a Fundación Vía Galego e é portavoz nacional da plataforma unitaria Queremos Galego. Ademais, tivo a honra de ser concelleiro na súa vila, Ribeira; foi membro do Consello Asesor de Radio Televisión Española en Galicia, presidente do Comité de Estado da Axencia Europea de Linguas Minorizadas e é autor de varios libros e de moitas colaboracións en prensa.
ENLACES
Blog | Amigos y sodomitas
http://amigosysodomitas.blogspot.com.es/
>
DOCUMENTACIÓN
Identidades sexuais medievais
Armando Requeixo | Criticalia, 2011-07-06
[Publicado nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños, 2011-07-03]
http://armandorequeixo.blogaliza.org/2011/07/06/identidades-sexuais-medievais/
Entrevista a Carlos Callón | 'En los mil primeros años del Cristianismo no hay pecado de sodomía'
Carlos Callón analiza en un ensayo el origen de los prejuicios homófobos. Señala que la intolerancia comenzó entre los siglos XI y XIV. Fue el poder civil el primero en condenar la homosexualidad. La literatura medieval gallego-portuguesa aporta nuevas pistas.
Montse Dopico | El Mundo, 2011-07-04
http://www.elmundo.es/elmundo/2011/07/02/galicia/1309606033.html
Carlos Callón: «Na prédica de Cristo non hai unha crítica á homosexualidade»
M.X. | La Voz de Galicia, 2011-07-02
http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2011/07/02/0003_201107B2C2991.htm
Carlos Callón «A partir do século XI ser homosexual é pecado central»
M. Beceiro | La Voz de Galicia, 2011-06-29
http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2011/06/29/0003_201106S29C12992.htm
Carlos Callón estudia en un libro la presencia de la homosexualidad en la Edad Media
D. Mandiá | El País, 2011-06-29
http://elpais.com/diario/2011/06/29/galicia/1309342701_850215.html
Amigos e sodomitas na Idade Media galega
Francisco Martínez Bouzas | Novenoites, 2011-06-26
http://novenoites.wordpress.com/2011/06/26/amigos-e-sodomistas-na-idade-media-galega/
Asociaciones celebrarán los 950 años del primer matrimonio homosexual gallego
El matrimonio entre Pedro Díaz y Muño Vandilaz está registrado oficialmente en Celanova.
EFE | La Voz de Galicia, 2011-04-11
http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2011/04/11/00031302531537652468233.htm
El primer matrimonio homosexual de Galicia se ofició en 1061 en Rairiz de Veiga
Es uno de los documentos de "A Configuración da Homosexualidade na Idade Media", obra con la que Carlos Callón acaba de ganar el XVI Premio Vicente Risco de Ciencias Socias
M.J.A. | Faro de Vigo, 2011-02-27
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/02/27/primer-matrimonio-homosexual-galicia-oficio-1061-rairiz-veiga/522378.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.