jueves, 11 de agosto de 2022

#hemeroteca #trans #inmemoriam | Fallece la histórica activista LGTBI Trinidad Falcés

La Voz de Galicia / Trini Falcés //

Fallece la histórica activista LGTBI Trinidad Falcés.

La coruñesa encabezó la primera manifestación del Orgullo en Barcelona, en 1977.
A.G.CH. | La Voz de Galicia, 2022-08-11
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2022/08/11/fallece-historica-activista-lgtbi-trinidad-falces/00031660242204237993133.htm 

El activismo LGTBI se ha teñido de luto este jueves al conocerse el fallecimiento de la coruñesa Trinidad Falcés (1943). Su lucha por el colectivo la convirtió en una de las personas transexuales más reconocidas de la ciudad y se le concedió el premio Marcela y Elisa del 2019. Sus amigos destacaron sus grandes logros en una vida que «fue muy complicada». Encabezó la primera marcha del Orgullo en Barcelona, en 1977. Represaliada durante la dictadura, sus vivencias quedaron grabadas para la historia en el libro ‘Memoria Diversa’, de Eva Mejuto. Un testimonio en el que avanzaba que «con case setenta anos volvín a A Coruña, á aventura e sen un can, a empezar de cero. Decidín vir morrer á terra onde a miña nai me pariu e onde pasei os primeiros anos. Quería estar con ela, coñecela e saber a miña historia».

Sus allegados no tardaron en mostrar sus condolencias y escribir este emotivo mensaje de despedida en las redes sociales:

Coñecer a Trinidad Falcés (Trini) foi un agasallo destes que che dá a vida de moi cando en cando. Valente, divertida, combativa, teimuda e xenerosa, a partes iguais. Coñecemos só os seus últimos anos, desde que decidiu vir vivir a Galicia, á Coruña, a cidade na que naceu. «Aquí sei que vou morrer, pero onde mellor?», dicía sempre. Trini atesourou a historia do movemento, toda en si mesma: viviu a represión, a cadea, os abusos policiais, o sinalamento dunha sociedade que non entendía (e ás veces aínda non entende) o que sae da (suposta) norma(lidade). Mais tamén a parte da festa, da primeira manifestacións do colectivo en Barcelona, a disidencia colorida, orgullosa e brava. «As que estabamos na primeira fila eramos nós, as “travestís”, pediamos a liberdade, que parasen xa os abusos da ditadura, que nos deixasen vivir. Non lle faciamos mal a ninguén».

Hai unhas semanas soubemos, as persoas que estabamos no seu círculo máis próximo, que estaba enferma, e que lle quedaba pouco entre nós. Mais nunca imaxinamos que o tempo fose tan breve, deixounos esta semana. Aínda non o podemos crer. Custa imaxinar que non a volveremos sentir ao teléfono conversas de horas (ou de 30 segundos, segundo tivese o día), a pasear con ela por Riazor, ou polo parque da Residencia de Cerceda na que viviu os últimos meses.

Visitar a Trini era volver cun monte de agasallos: aneis, colares, roupas, libros, lembranzas, rexoubas... todas as pertenzas e memorias que fora acumulando nunha vida chea experiencias, aventuras, varias vidas nunha soa que ela gustaba de compartir e lembrar, quer con amargura, quer con nostalxia: «Que me quiten lo bailao, yo paso de todo», era a súa frase de cabeceira. Facía que nada lle importaba pero ninguén pode esquecer o seu sorriso, o chute de dignidade que foi para ela recibir o premio Elisa e Marcela, participar no congreso Memoria diversa, recibir cartas das familias de Arelas, reencontrarse coa súa familia de Sevilla, as visitas de tanta xente que lle preguntaba pola súa vida, para estudios, teses, proxectos... «Non me deixan en paz, quero estar tranquila», dicía coa boca pequena e os ollos cheos de luz.

Ímoste botar de menos, Trini, enchías o universo enteiro coa túa voz e as túas mans, e o noso mundo, e o de todo o colectivo, é ben mellor grazas a ti e as que coma ti puxestes a cara e o corpo para reclamar os nosos dereitos cando a disidencia de sexo e xénero era aínda delito.

A nosa memoria é diversa e colorida, non esquezamos a quen comenzou a nosa loita, con todo na contra, temos moito que aprender desa xeración. E todo que agradecer. Grazas, Trini, que a terra che sexa leve. Onde esteas non esquezas que somos moitas as persoas que te quixemos e admiramos. Que che quiten o «bailao», e pasa de todo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.