sábado, 13 de agosto de 2022

#hemeroteca #trans #inmemoriam | «Temos moito que aprender de ti, Trini»

Trini Falcés //
«Temos moito que aprender de ti, Trini»

A histórica activista LGTBI Trinidad Falcés faleceu esta semana na Coruña.
Amigos e achegados | La Voz de Galicia, 2022-08-13
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/obituarios/2022/08/13/span-langgltemos-moito-aprender-ti-trinispan/00031660387078293548724.htm 

Coñecer a Trini foi un agasallo destes que che dá a vida de moi cando en cando. Valente, divertida, combativa, teimuda e xenerosa, a partes iguais. Coñecemos só os seus últimos anos, desde que decidiu vover á Coruña, onde naceu. «Vou morrer aquí, onde mellor?», dicía. Trini atesourou a historia do movemento LGBTIQA+: viviu a represión, a cadea, os abusos policiais, a censura dunha sociedade que non entendía a diversidade. Mais tamén a disidencia festeira e orgullosa da primeira manifestacións do colectivo en Barcelona en 1977. «As que estabamos na primeira fila eramos as ‘travestís’, pediamos a liberdade, que nos deixasen vivir, non faciamos mal a ninguén».

«Que me quiten lo bailao, yo paso de todo», era a súa frase de cabeceira. Facía que nada lle importaba pero foi para ela un chute de dignidade recibir o premio Elisa e Marcela, participar no congreso ‘Memoria diversa’, reencontrase coa familia de Sevilla, recibir cartas das familias de Arelas, as visitas da xente do colectivo... «Non me deixan en paz, quero estar tranquila», dicía coa boca pequena e un sorriso cheo de luz.

Ímoste botar de menos. O noso mundo, e o de todo o colectivo, é moito mellor grazas a ti, e ás que coma ti puxestes a cara e o corpo para reclamar os nosos dereitos, cando facelo era delito.

A nosa memoria é diversa, non esquezamos quen comenzou a loita. Temos moito que aprender e todo que agradecer a esa xeración. Grazas, Trini, que a terra che sexa leve. Non esquezas que somos moitas as persoas que te queremos e admiramos. Quedas en nós, para sempre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.