Memoria diversa / Eva Mejuto ; fotografías de Carme Cerviño.
A Coruña : Deputación Provincial da Coruña, 2022 [05-09].
260 p.
/ GL / Libros / ENS / Activismo / Galicia / LGTBI / Memoria histórica / Testimonios
📘 Ed. impresa: ISBN 9788498123951
📝 Cita APA-7: Mejuto, Eva (2022). Memoria diversa. Deputación Provincial da Coruña.
✅ Rebiun: https://catalogo.rebiun.org/rebiun/record/Rebiun31755146
É unha proposta para dar visibilidade ás persoas que loitaron pola dignidade do Orgullo LGTBI e ás vítimas da represión e o rexeitamento por cuestións de orientación ou identidade de xénero. “Memoria diversa", de Eva Mejuto, é un libro con vocación de continuidade que nace para recoller as voces do colectivo LGTBIQ+ de Galicia. As súas protagonistas son Laura Bugalho, Nacha María Sánchez, Fito Ferreiro Seoane, Braulio Vilariño, Carmen López Picón, Guillermina Domínguez Touriño, Itos Domínguez, Nanina Santos Castroviejo, Lois Diéguez Vázquez, Trinidad Falcés, Vicente Montoto e María Xosé Queizán.
👤 Eva Mejuto é doutora en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela cun traballo sobre o realismo social no álbum ilustrado: ‘Álbum testemuño: achegar a realidade ás crianzas’. Traballou na editora Kalandraka ata 2004, en OQO Editora ata 2016. En 2017 coordina o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. En 2018 forma parte do proxecto "Capicúa de xestión cultural e proxectos". A súa especialidade é a literatura infantil e xuvenil. Ten realizado cursos de formación sobre libro-álbum e exercido a docencia no Máster Libro Ilustrado e Animación Audiovisual da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Participa habitualmente en encontros co alumnado dos colexios. É autora de diversas adaptacións de contos tradicionais a álbums ilustrados, traducidos a máis de dez idiomas. En 2017 publicou ‘22 segundos’, narrativa para adolescentes. En 2019 publicou en Xerais ‘Memorias do silencio’, unha novela que se desenvolve en Galicia durante a Segunda guerra mundial.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.