Mostrando entradas con la etiqueta E-Xerais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta E-Xerais. Mostrar todas las entradas

jueves, 16 de enero de 2025

#libros #lgtbi #memoria | Vidas e historias LGBT da Idade Media

Vidas e historias LGBT da Idade Media / Carlos Callón.
Vigo : Edicións Xerais, 2025 [01-16].
Serie: Xerais Universitaria
304 p.

/ GL / Libros / ENS / Edad Media / Galicia / LGTBI / Memoria histórica

📘 Ed. impresa: ISBN 9788411106085 / 19.50 €
📝 Cita APA-7: Callón, Carlos (2025). Vidas e historias LGBT da Idade Media. Xerais.

A evolución da diversidade LGBT ao longo da Idade Media, centrándose sobre todo en documentación galega e portuguesa.

Neste libro analízase a evolución da diversidade LGBT ao longo da Idade Media, centrándose sobre todo en documentación galega e portuguesa, que ofrece información crucial nunha dimensión europea. Abórdanse nas súas páxinas diferentes relatos e retratos que quebran o que podiamos pensar sobre esa etapa: o matrimonio máis antigo entre homes de que conservamos documento na Península (entre Pedro Díaz e Munio Vandílaz, en 1061); o «amor» entre Sancha Pérez e Maria Leve na Compostela do século XIII; a existencia dun santoral LGBT arraigado na Galiza medieval (con figuras como Paio e Adaúlfo, e tamén co «santo atrevimento» trans de Esmerado ou Uxío); varios casos de modificacións de manuscritos para que non se vise neles textos gays ou lésbicos (por exemplo, unha cantiga de amiga entre dúas mulleres); o momento en que o cristianismo empurra un novo pecado sexual, inexistente nos seus mil primeiros anos de historia; o uso da homofobia como arma política por parte de Afonso o Sabio contra o casal que formaban o adiantado maior do reino de Galiza e o adiantado maior do reino de León... Estas, e moitas máis, son vidas e historias que aínda hoxe nos apelan, que aínda hoxe nos explican.

😏 Carlos Callón
(Ribeira, 1978). Profesor no instituto San Clemente de Santiago de Compostela, doutor en Estudos Lingüísticos e Literarios do Galego e do Portugués e presidente de honra da Mesa pola Normalización Lingüística. Recibiu, entre outros, os premios Vicente Risco de Ensaio e o da Crítica de Investigación. No ámbito lingüístico destacan os seus títulos «Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez» (Xerais, 2012) e «O libro negro da lingua galega» (Xerais, 2022). O seu último poemario é «A abertura da boca» (2021). Na investigación LGBT, diplomouse cun traballo sobre o heterosexismo no campo literario (2003) e doutorouse cun estudo sobre as homosexualidades no trobadorismo (2017). Publicou a primeira antoloxía literaria LGBT galega, «Da sátira ao orgullo» (2003) e os ensaios «Amigos e sodomitas» (2012) e «Vidas e historias LGBT na Idade Media» (Xerais, 2025). Tamén en 2025 publicou «Maxicamente vella, eternamente nova. A literatura tradicional galega» (Xerais, 2025). Promoveu roteiros, cursos e o documentario «Maridos e sodomitas. Os casamentos de home no reino da Galiza medieval» (2024). É membro da Comisión sobre Identidades e Disidencias Sexuais do Consello da Cultura Galega.

jueves, 12 de mayo de 2022

#libros #disidenciasexual | A defunción dos sexos : disidentes sexuais na Galiza contemporánea

A defunción dos sexos : disidentes sexuais na Galiza contemporánea / Daniela Ferrández Pérez.

Vigo : Edicións Xerais, 2022 [05-12].
216 p.

/ GL / Libros / ENS / Disidencia sexual / Galicia / LGTBI / Memoria histórica / Queer / Testimonios / Trans
📘 Ed. impresa: ISBN 9788411101202 / 18,50 €
Cita APA-7: Ferrández Pérez, Daniela (2022). A defunción dos sexos : disidentes sexuais na Galiza contemporánea. Xerais.

[.gl] ‘A defunción dos sexos: disidentes sexuais na Galiza’ contemporánea é un libro divulgativo que recompila historias e memorias de persoas que viviron alén da norma sexual na Galiza dos últimos cento cincuenta anos. A través de fontes de arquivo e xornalísticas reflexiónase sobre algúns dos itinerarios que estas persoas tiveron que percorrer e o seu enfrontamento co xugo dunha sexualidade obrigatoria que as condenaba ás marxes e ao ostracismo. Este libro parte coa conciencia de que a saída dese caixón agochado no que a historia depositou as disidentes sexuais é un paso imprescindible á hora de articular unha memoria LGBT na Galiza de hoxe. Para isto, o desenvolvemento do traballo non se centra nun relato exhaustivo sobre a disidencia sexual e de xénero en cada unha das épocas investigadas, senón que estas se configuran como pequenas xanelas das que se extraen historias e memorias de persoas diversas. Persoas perseguidas, aceptadas, toleradas ou reprimidas. Vidas, a fin de contas, necesarias para unha reflexión actual e colectiva sobre o pasado, o presente e o futuro das disidentes sexuais que poboamos hoxe o país galego.

Nada no País Valencià, Daniela Ferrández Pérez (Almoradí, 1988) é galega de adopción dende o ano 2011. Doutora en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela (2020), investigou sobre cuestións como a violencia política do franquismo, o clientelismo político, e o feminismo e os partidos políticos na Transición. Paralelamente, implicouse, xunto coa súa familia, no activismo pola memoria histórica na procura dos restos do seu bisavó, fusilado polo franquismo en Alacant en 1941. Como muller trans, leva varios anos involucrada no activismo LGBT do país, principalmente a través da asociación Amizando. Na actualidade é investigadora posdoutoral adscrita ao grupo Histagra USC.