Imagen: Diario de Pontevedra / Nosolojavi |
Javi Sánchez 'Nosolojavi' é o voceiro de Marikas por la fiesta. O comité organiza a festa final do Orgullo LGBTI en Pontevedra. Será o 28 de xuño no pub La Pomada.
Sara Vila | Diario de Pontevedra, 2019-06-24
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/identificome-maricon-etiqueta-politica/201906231935341040993.html
Avante LGBTI organiza este ano as actividades con motivo do Orgullo en Pontevedra e, para a parte festiva conta coa colaboración do Comité Marikas por la Fiesta, un grupo de acción con menos dun ano que busca crear espazos de lecer onde expresar libremente identidades que non encaixan na norma.
O comité xurdiu cunha festa no Entroido, o Queernaval, e seguiu coa celebración da Queeresma, en plena Semana Santa. Ninguén se ofendeu?
Transgredir no Entroido non é para tanto, ata miña nai o entendeu. A Queeresma foi máis transgresora. Recibimos un par de ‘respostas’, pero iso tamén é unha motivación, porque significa que estamos saíndo dos nosos espazos habituais. Na Queeresma viu xente máis maior e un público máis amplo que no Queernaval, no que era máis ambiente universitario. Nós queremos ir máis alá da universidade e crear un espazo de expresión libre das identidades disidentes. Canta máis xente de diferentes ámbitos veña, mellor.
Como vai ser o Pontequeer?
Imos facer unha entrega de premios Miss Pontequeer coroando a persoas que se presenten e se disfracen dos estereotipos dos que nos queremos rir. Podes vir de plumas, de camioneira, de drag queen... Tamén vai haber actuacións drag. Queremos un espazo en Pontevedra para a cultura drag con xente local, para dar voz á xente de aquí e promocionar as expresións propias porque, se non, parece que só hai orgullo e comunidade LGBTI en Madrid, Londres ou Nova York. Nas cidades pequenas hai poboación LGBTI, e precisa espazos.
É a festa unha ferramenta para reivindicar dereitos?
Nós preferimos falar de eventos cun eixo temático. Empregamos lemas en cada un deles, como ‘Empodérate e libérate’. Pode que non sexa unha forma de loita explícita, pero si un xeito de artellar grupos. Crear espazos alternativos xa é un cambio, porque reúnes a persoas que doutro xeito non se terían xuntado. O importante é crear comunidade. Esta semana, por exemplo, propuxemos a través das redes sociais que a xente nos contase que prexuízos ou tópicos seguían escoitando. Esa é tamén unha forma de crear unha plataforma de expresión para compartir experiencias.
Que prexuízos perviven?
Por un lado, está o prexuízo da pluma, que establece que a feminidade é algo negativo. Iso xa non é plumofobia, senón directamente misoxinia. Está o estereotipo da ‘bollera’ ou a camioneira. Eses tópicos baséanse nos roles de xénero establecidos, que din que se tes unha determinada condición biolóxica tes que desempeñar un ou outro rol, o que é unha delimitación da liberdade da persoa. Hai circunstancias moito máis graves que lles acontecen ás persoas trans, que son tratadas como enfermas (aínda que ocorre ás veces tamén no caso dos homosexuais). Ademais o colectivo trans enfróntase a unha esperanza de vida menor que o resto da poboación e a unhas perspectivas laborais nefastas. Das persoas bisexuais segue a dicirse que están confundidas e que xa se ubicarán. Todo isto podería resumirse en que se nega a realidade das persoas. Hai unha serie de persoas cuxas circunstancias son diferentes ás da heteronormatividade, e iso négasenos. Nós queremos xogar cos tópicos, rirnos deles para liberarnos.
E tamén coa linguaxe, vostedes mesmos chámanse maricas.
Entre nós, o da linguaxe está asimilado. Dicir marica é como dicir colega. Apropiarse da linguaxe é tamén eliminar a carga negativa que poida ter. A palabra maricón, que adoita ser un insulto, se se convirte nunha simple apreciación, cambia o seu significado.
Non é o mesmo que un home se reivindique como maricón a que outra persoa llo chame.
Eu identifícome como maricón como etiqueta política, é o meu posicionamento. Esa palabra, para min, ten que ser desestigmatizada. Ademais, ten unha sonoridade moito máis bonita e poética que o anglicismo gay. Temos que reapropiarnos das palabras. A resignificación e un síntoma da superación dos prexuízos. Aínda que entendo que fóra da comunidade pode resultar agresivo que alguén te chame maricón, porque non coñeces o contexto e o significado que esa persoa lle dá á palabra.
Que reivindican este ano?
Cúmprense 50 anos das protestas de Stonewall e, a nivel mundial, iso está marcando as axendas. Ademais, fálase do dereito vivir e a expresarse das persoas trans. Iso pasa pola despatoloxización.
Están preocupados polo auxe da extrema dereita?
Si, porque empeora a calidade democrática. Non quita dereitos só ao colectivo LGBTI, tamén ás mulleres ou ás persoas con menos recursos. Non nos preocupan os partidos concretos, senón as persoas que os apoian, que poden ser os nosos veciños ou familiares. Iso fai o noso día a día inseguro.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.